![]()
CAMBADOS> A comarca do Salnés conta xa coa súa primeira planta para tratar os residuos industriais.
{flowplayer}images/salnes/PLATAFORMA_LOXISTICA_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> A comarca do Salnés conta xa coa súa primeira planta para tratar os residuos industriais.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e mailo alcalde de Cambados inauguraron onte a plataforma loxística que se construíu no polígono de Sete Pías. A planta admite todo tipo de residuos non contaminantes, desde aparatos eléctricos ata plástico, papel ou vidro. Nela limparanse e separaranse os residuos para poder destinalos a plantas de reciclaxe.
As previsións son que trate ó ano unhas dez mil unidades de aparatos eléctricos e nove mil do resto de materiais. A infraestrutura custou máis de catro millóns de euros, financiados con cargo a fondos europeos nun 75 por cento e o resto foia chegado pola deputación e os concellos de Cambado se Vilanova de Cerbeira, socios neste proxecto Interreg.
A finais de mes, a Deputación publicará as bases que rexerán o concurso para que unha empresa se faga con estas instalacións.
Redacción Salnés









