As vendas de peixe e marisco non repuntan no Nadal

    CAMBADOS> Tranquilidade de máis é a tónica dominante estes días nas prazas de abastos das Rías Baixas.

    {flowplayer}images/salnes/vendas_praza_cambados.flv{/flowplayer}

    En localidades coma a de Cambados as vendas non se incrementan ca chegada das datas festivas; nin sequera naqueles productos que ben poden ser conxelados para o Nadal.

    Tal e como defenden as pescantinas de Cambados, a veciñanza sabe ben do sabor dos productos frescos do mar co que prefire agardar ata a última hora para mercar peixe e mariscos do día, ata onde lle chegue o presuposto.

    Os poucos que compran para conxelar decántanse polos camaróns, zamburiñas ou centolas; por ser tres especies que dan bo resultado ó conxelar. Para comer nestes días, o que máis se pide é o peixe para cocer.

    Ó igual que o ano pasado por estas datas, e vistos os movementos destes días, non se agarda que se disparen os prezos de peixes e mariscos, co que a previsión é que, polo xeral, se posterguen as compras ata a última hora. Estas compras estarán marcadas pola austeridade.

    Redacción Salnés