Farruco e Avelino González porán a nota de humor á Gala do Alzheimer

    alzheimer_100_010909.jpgVILAGARCÍA> Celebrarase o vindeiro 13 de setembro e será presentada pola actriz galega Isabel Blanco.

    {flowplayer}images/salnes/dia_alzheimer.flv{/flowplayer}

    A presentación da gala do Día Internacional do Alzheimer reuníu en Vilagarcía á presidenta de Afasal, Sofía Beiras, á concelleira de Igualdade e Benestar, Ana Lorenzo, e ó director da Autoescola Sálvora, Manuel Porta, xunto a Manso, do grupo Manso e amigos.

    A gala, que é o segundo ano que se celebra, terá lugar o vindeiro día 13 a partires das nove da noite. Nela contarase co humor de Farruco e de Avelino González, máis coñecido como Miñato. A música correrá a cargo do grupo Manso e amigos, e a encargada de dirixir o evento será a actriz galega Isabel Blanco. Tamén se fará entrega das placas como recoñecemento á xente que ó longo deste ano estivo axudando desinteresadamente á asociación Afasal.

    Como novidade, nesta ocasión farase o sorteo de entre todos os asistentes dun curso gratuíto para a obtención do carné de conducir, que corre a cargo da autoescola Sálvora.

    As entradas contan con tres prezos diferentes dependendo da zona á que se queira acceder na gala, e a finalidade da celebración, ademais de pasar un rato agradable, é a recadación de cartos para poder axudar as persoas que padecen alzheimer.

    Redacción Salnés