Gonzalo Durán culpa a Touriño dos datos do paro en Galicia e en Vilanova

    gonzalodurn100.jpgVILANOVA > Os datos do paro do mes de decembro confirmaron a existencia de 8.600 desempleados na comarca do Salnés

    … Destes parados, 830 pertencen ao concello de Vilanova. O alcalde deste municipio reaccionou hoxe ante estes datos e culpou do desemprego en Vilanova a Emilio Pérez Touriño. Segundo o edil, a Xunta ten taponado o emprego nos concellos ao non aprobar os planes de urbanismo que permitan construír industria.

    Así de rotundo se mostrou o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, tras coñecer os datos do paro no pasado mes de decembro. Segundo o alcalde de Vilanova, o grupo de goberno da Xunta de Galicia é culpable do paro porque non permite a creación de novas empresas ao non ter aprobados os planes de urbanismo.

    Segundo Gonzalo Durán, en Vilanova hai máis de 500 postos de traballo paralizados á espera de que a Xunta aprobe o plan de urbanismo deste municipio. O alcalde de Vilanova asegura que hai empresarios interesados en construír un centro comercial en San Miguel de Leiro en canto a Xunta autorice esta obra.

    Segundo o alcalde de Vilanova, a situación económica dalgúns veciños é tan grave, que moitos residentes se achegaron ao concello nas últimas semanas para pedir un posto de traballo.

    Redacción Salnés