Cambados inxecta 120.000 euros no colectivo social e deportivo da vila

CAMBADOS> Cambados pon sobre a mesa 120.000 euros para axudar ás entidades benéficas, culturais e deportivas da vila. Os colectivos xa poden solicitar estas axudas. Ademais, o goberno local tamén aprobou unha partida de 18.000 euros para becas de estudo. Poderanse beneficiar delas alumnos de tódalas idades, incluídos os universitarios.

O Concello de Cambados vai destinar este ano 120.000 euros en axudas a entidades benéfico-asistenciais, culturais, deportivas, de ocio e tempo libre e actividades populares. As achegas serán publicadas no portal da transparencia.

O Concello vai convocar a todos estes colectivos a unha reunión a semana vindeiras para explicarlles o novo procedemento telemático para que poidan percibi-las subvencións.

Ademáis, o goberno local aprobou unha partida de 18.000 euros para as bolsas de ensino. Estas achegas van destinadas a tódolos niveis educativos, dende infantil ata a Universidade, con axudas ós desprazamentos.

Esta convocatoria sairá publicada a vindeira semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí