As Cociñas do Salnés conta con sete novos restaurantes

    cocinas_salnes_100_090209.jpgO GROVE> Con estas incoporacións, a rede de establecementos hostaleiros suma 17 membros.

    {flowplayer}images/salnes/090209_cocinas_do_salnes.flv{/flowplayer} 

    As Cociñas do Salnés é unha rede de restaurantes creada no 2006 como parte do Plan de Dinamización Turística. O seu obxectivo é potenciar a cociña da zona como un produto turístico máis, ofrecendo como atractivos materias primas autóctonas, de temporada e a prezos similares.

    Para formar parte deste colectivo, os restaurantes teñen que pasar unha serie de auditorías que certifiquen a calidade do seu servizo. Representantes das cociñas do Salnés reuníronse co presidente da Mancomunidade para definir as novas estratexias de publicidade que van a levar a cabo. Entre elas salienta a creación dunhas guías gastronómicas para promocionar a cociña destes establecementos.

    A xuntanza celebrouse no Centro de Hostalería do Grove e ó seu remate, o chef do Pandemonium, Antonio Botana, un dos restaurantes que forma parte da rede, explicou a elaboración de cinco aperitivos. Para a organización deste evento a Mancomunidade contou coa colaboración dos alumnos da Escola de Hostalería, que se elaboraron os aperitivos ás ordes de Botana, ademais de poñer as mesas e servir a degustación.

    Redacción Salnés