A Pobra converterase este mes na capital galega do remo

A POBRA> A Pobra converterase este mes en capital do remo. Acollerá os campionatos provinciais e autonómico de bateis nos que participarán máis de 700 deportistas.

A próxima fin de semana darán comezo as competicións de remo na Pobra con campionato provincial de bateis que se celebrará os días 13 e 14 de abril. Será a primeira cita posto que na seguinte fin de semana, o 20 e 0 21, disputarase o campionato galego en augas pobrenses.

Dende o club de remo agrandan cumprir as expectativas en canto a organización posto que agardan recibir a máis de 700 remeiros.

Pola súa banda, dende a Federación Galega de Remo gabaron a capacidade organizadora do club e do concello pobrense que son garantía de éxito en tódalas citas deportivas.

A guinda a este calendario chegará a finais de mes co campionato de España que se presentará nos próximos días.