A alameda noiesa será escenario este sábado da I Feira do Deporte

NOIA> A Alameda será escenario este sábado da primeira edición da Feira do Deporte que nace para dar visibilidade ós clubs e entidades deportivas da localidade, e dar a coñecer as diferentes disciplinas deportivas que poden practicarse no municipio.

Desenvolverase dende as dez da mañá ás dúas e media da tarde.

Na iniciativa participarán máis dunha vintena de clubs deportivos da localidade, que durante a xornada realizarán exhibicións, charlas ou mini-competicións.

Aproveitarase tamén a ocasión para presentar o libro dos clubs de Noia, onde aparece toda a información relativa ás entidades deportivas locais.