![]()
VILAGARCÍA> A directiva tomou esta mañá a decisión, propiciada pola crise de resultados do equipo. Celso Couso, ata o de agora técnico do xuvenil, farase cargo provisionalmente.
Despois da saída de Isaac Fernández do Extrugasa hai quince días, o último en caer foi outro adestrador dun equipo de Vilagarcía.
Juan Laxes foi cesado esta mañá como técnico do Arousa, propiciado pola crise de resultados que levaron ó equipo ó último posto da clasificación.
A directiva víuse na obriga de buscar un revulsivo e sustituir a Laxes, que vaise despois de dous anos dirixindo ó primeiro equipo, ó que entrara ocupando o cargo que deixara tamén no mes de febreiro de 2007, Gabi Leis.
Celso Couso, adestrador do xuvenil ata o de agora, e que levará as rendas do equipo no derbi do sábado ante o Portonovo.
Redacción Salnés









