Rubén Caamaño y Saleta Castro vencen en Samieira

duatlon250_110209.jpgPOIO> O Club Ciclista Monte Abaixo organizou esta pasada fin semana o Duatlon Cross Vila de Samieira. Trátabase da terceira edición dunha carreira que era puntuable para o Campionato Galego da especialidade e que congregou a preto de 150 atletas chegados dende tódolos puntos de Galicia.

Por terceiro ano consecutivo celebrouse o Duatlon Cross Vila de Samieira en Poio, proba puntuable para o Campionato Galego desta modalidade. Moitos dos mellores especialistas nesta disciplina déronse cita nunha proba que congregou a uns 135 participantes.

Contra as 10:45 dábase a saída nas inmediacións do campo de fútbol de Río de Bois. Dende alí, os atletas tiveron que cubrir un percorrido idéntico ó do ano pasado. Foron 5 kms. de carreira a pé, 18 en bici para rematar outra vez a pé con 2.5 kms.

Á dureza que se lle presupón á distancia, houbo que engadirlle a dificultade dun circuito moi técnico e de subidas e baixadas, un auténtico rompepernas. Ademais, a climatoloxía non acompañou e a lama fixo máis complicado o avance dos atletas.

Trascase hora e media de carreira, o primeiro en chegar á meta foi Rubén Caamaño, gañador da primeira proba en Beariz en que repetíu triunfo, seguido por Manuel Piñeiro e Orlando Rodríguez. Juan Sebastián foi o primeiro corredor local e rematou en quinta posición.

Na categoría feminina a victoria foi a caer a mans da gran favorita, Saleta Castro que sacoulle case nove minutos á segunda clasificada.

Por clubes, o mellor foi o Club Atletismo Porriño, por diante do Cidade Fluvial Lugo. O Club Ciclista Monte Abaixo rematou nunha meritoria cuarta posición por diante do Galaico Cidade de Pontevedra, que foi quinto.

O Campionato Galego de Duatlon Cross rematará o vindeiro día 21 deste mes coa disputa da derradeira proba que terá lugar en Ferrol.

Redacción Salnés