Loita contra a Administración polos dereitos da súa filla

    queixa_nai100.jpgCATOIRA> A xustiza ven de dar a razón a unha nai que loita para que a súa filla, con diversidade funcional, estude nun centro educativo ordinario…

    …A delegación provincial de Educación decretou no mes de agosto que a rapaza debía estudar no Centro de Educación Especial de Vilagarcía. Un traslado que a súa nai considera unha discriminación.

    Hoxe é un día de ledicia no fogar de Mónica Sumay. A xustiza ven de darlle á razón nun procedemento iniciado por esta nai contra a Delegación Provincial de Educación en Pontevedra. A Administración educativa impediu que a súa filla, Alejandra, de 15 anos, e con diversidade funcional, rematara os seus estudos no colexio de Catoira, onde a rapaza estudou toda a súa vida, e onde tamén estudan os seus irmáns. O delegado de Educación obrigou a matriculala menor nun centro de Educación Especial en Vilagarcía, a 15 quilómetros do domicilio familiar. Os pais non estaban dispostos a asumir este traslado e iniciaron un proceso xudicial que lle da a razón. Agora, e ata que saia o xuizo, o xulgado contencioso administrativo num 1 de Pontevedra ordena suspender cautelarmente a orde de Educación para que Alejandra volva as aulas.

    Segundo a avogada que representa á familia, a delegación de Educación está vulnerando a normativa europea que obriga ás administracións a garantir unha educación libre e non discriminatoria.

    Tanto a nai como a avogada da familia defenden un modelo de Educación baseado na inclusión social das persoas con algún tipo de discapacidade. A nai de Alejandra asegura que pasou un calvario para demostrar que a súa filla ten os mesmos dereitos que calquera outro menor. Mónica Sumay asegura que ademais dos custos económicos sufriu acoso por parte da administración educativa. 

     Alejandra volverá mañá as aulas do colexio de Catoira con 5 meses de retraso, con respecto aos seus compañeiros. Haberá que esperar ata que xuiz dicte a sentencia definitiva para comprobar se a volta a este centro é, ou non, a definitiva, tal e como desexa a familia.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/090209_queixa_monica_sumay.flv{/flowplayer}