Paços de Ferreira convirte Vilagarcía na capital do moble de Galiza

    feiramoble100_301007_001.jpgVILAGARCÍA > Non e a primeira vez que Vilagarcía ten contacto con Paços de Ferreira, en Portugal.

    A súa banda de música participou recentemente no primeiro festival de bandas de música cidade de Vilagarcía. Agora, queren dar a coñecer a súa industria mobiliaria, facendo do concello vilagarcián, a capital do moble de Galiza. Será en Fexdega a partir do próximo 10 de novembro.

    Paços de Ferreira é un distrito de Porto, de uns cincuenta e seis mil habitantes, cuxa industria e comercio é básicamente o dos mobles. Os organizadores da Capital do Moble, ven Galiza como unha extensión do seu mercado, por iso, divulgar e promover súa industria, é o principal obxectivo da exposición en Fexdega. Esta mañá presentaron o seu proxecto na presencia da alcaldesa e o tenente alcalde. Dende o Concello de Vilagarcía ven un interés común neste intercambio. Non só os galegos coñecerán o producto dos portugueses, tamén os portugueses que veñan á Feira, verán de primeira man o que ofrece Vilagarcía.

    Para a organización da Feira, Paços de Ferreira conta co apoio financiero da Cámara de Comercio Portuguesa, e aseguran que en Fexdega, poderemos ver tan só unha pequena mostra do gran comercio de Paços.

    A Capital do moble de Galicia en Vilagarcía, contará con duascentas marcas, 5.000 metros cadrados de exposición e capacidade para trinta mil persoas. A cita é do dez ó dezaoito de novembro.

    Redacción Salnés