Chegan as primeiras sancións por ir sen máscara

BARBANZA> A obrigatoriedade do uso da máscara en espazos abertos e pechados, aínda que poida manterse a distancia de seguridade, está a deixar as primeiras sancións. A maioría dos problemas estanse a producir durante as noites.

En Porto do Son un dos concellos máis turísticos da zona impera a normalidade. A maioría da xente cumpre coa normativa e fai uso da máscara en espazos pechados e abertos. Aínda así estes días incrementouse a vixilancia tanto nas rúas coma nas praias  para que se siga cumprindo coa legalidade.

Segundo explicou o propio rexedor os maiores problemas estanse a producir no lecer nocturno, onde é máis complicado facer cumprir a normativa.

Dende o pasado domingo, coa entrada en vigor da nova normativa en Rianxo tramitáronse unhas cinco denuncias administrativas por non usar a máscara, e realizáronse numerosas actuacións preventivas de vixilancia e control, principalmente no mercado ambulante ordinario, nos establecementos hostaleiros e tamén nas praias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí