A Pobra presenta o seu programa deportivo de verán

    POBRA> Entre as actividades ofertadas destaca o obradoiro de conciliación ‘Móvete’, destinado a nenos dos tres ós doce anos. O programa deseñado polo departamento de Deportes pobrense para este verán inclúe actividades do máis variado, dirixidas a tódalas idades, dende os máis pequenos ata os adultos, desenvolvéndose nas instalacións deportivas municipais, na praia de Cabío ou noutras zonas do entorno natural do Concello. Como en anos anteriores a programación estará dividida en varios apartados: escolas deportivas de clubs, actividades para adultos, actividades no mar e na praia ou competicións deportivas nas que se incluirán o torneo de fútbol praia 3×3, o torneo de xadrez, a regata de traíñas bandeira Concello da Pobra ou a milla urbana nocturna, entre outras. A maiores tamén se ofertarán os obradoiros de conciliación ‘Móvete’, destinados a nenos dos tres ós doce anos. Dende o Concello animan a participar nas actividades. Para máis información os interesados poden dirixirse ó Departamento de Deportes pobrense cuxas oficinas atópanse ubicadas na casa de Cultura Raquel Fernández Soler