O Kayak Tudense imponse nos nacionais de pista

piraguismo250_080609.jpgPONTEVEDRA> Pechouse no embalse pontevedrés de Verducido o Campionato de España Master en Pista que se estivo disputando durante toda a fin de semana. O Kayak Tudense impúxose por equipos mentres que no plano individual destacou a figura de José Luis Bouza.

Biaxo unhas condicións climatolóxicas adversas, de vento e chuvia, o mellor do piragüismo nacional en categoría master e sub-23 deuse cita onte no embalse de Verducido, onde se disputou o Cmapionato de España.

Nesta proba estaban en xogo as prazas para formar parte do equipo nacional que acudirá ós Xogos do Mediterráneo en Pescara, e sobre todo, para o Europeo que se celebra en escasas dúas semanas en Brandenbutrgo, Alemania.

No plano colectivo, o Kayak Tudense volveu a amosar a súa superioridade impoñéndose con total autoridade ó resto dos seus rivais. Sumaron unb total de 181 puntos por 121 do Zamora, que foi segundo. O Oviedo completou o podium. Os conxuntos do Salnés tiveron unha actuación moi destacada, xa que entre os dez mellores situáronse dous clubes: o Breogán do Grove, foi cuarto, e o Náutico o Muiño, séptimo.

Precisamente o mellor representante do club ribadumiés, Carlos Pérez ‘Perucho’, quedouse ás portas do primeiro posto no k-1, superado por Francisco Llera. O seu compañeiro no k-2 Saúl Cravoitto, foi terceiro. En categoría femenina Teresa Portela foi primeira, con Beatriz Manchón segunda e Jana Smidakova terceira.

Por outra banda José Luis Bouza volveu a amosar a súa superioridade en gañou no c-1 500 metros por diante de David Cal que só foi bronce e quédase sen europeo. Nos 1.000 metros do sábado Bouza tamén gañou a Cal, co grovense Tono Campos ocuapnado a terceira praza.

Nas clasificacións sub-23 non houbo sorpresas, coas victorias de Diego Cosgaya no kayak e no c-2 de Yeray Picallo e André Oliveira. David Maquieira e David Fernández remataron segundo, con Campos e Sánchez en terceira posición.

Redacción Salnés