Preto de 400 remeiros competirá na IX Bandeira de Bateis ‘Porto de Vilagarcía’

VILAGARCÍA> Os bateis tomará esta fin de semana a Ría de Arousa. Vilagarcía acolle a novena edición da Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía, organizada un ano máis polo Club de Remo Vilaxoan. A cita xa se ten convertido en parada imprescindible no calendario deste deporte a nivel galego, e este ano participarán ao redor de 70 bateis de toda Pontevedra.

 

Ao redor de 400 remeiros de toda a provincia de Pontevedra participarán esta fin de semana na novena bandeira de bateis “Porto de Vilagarcía”.

As semifinais celebraranse o sábado a partires das 5 da tarde. De cada categoría, os cinco primeiros equipos clasificaranse para as finais, previstas para o domingo ás 11 da mañá.

Á fronte da proba está o Club de Remo Vilaxoan, que aspira a encargarse o ano que ven do Campionato de España. Por iso, piden á Federación Española que rebaixe as esixencias, xa que as actuais son inalcanzables para o club vilagarcián.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/08/bandeira_bateis_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/08/bandeira_bateis_vilagarcia.mp4{/flowplayer}