SALNÉS> Comeza a Terceira este ano tan só con dous representantes do Salnés nela, o Céltiga e o Vilalonga, e comeza tamén a Preferente, que no seu grupo Sur, promete ser unha competición interesantísima pola igualdade que se lle presume e pola gran cantidade de equipos que aspiran ó ascenso.
Tres meses despois, volve o futbol. Remataron as probas, os partidos de pretemporada e agora comeza o bo: xogarse os puntos domingo tras domingo.
A Terceira faino con tan só dous conxuntos do Salnés, tras os descensos de Portonovo e Arousa.
Por unha banda o Céltiga. Un equipo remodelado, ilusionado e ilusionante. Técnico novo e xoven no banquiño como Pablo Vázquez e xogadores de renome nesta categoría que forman un plantel que aspira, inevitablemente, a algo máis que a salvación. O seu estreo será na Fontenla ante o Santa Comba, un conxunto que mantén o bloque do ano pasado e que tampouco quere pasar apuros. Victor e Adrián serán baixa por sanción, Beni por lesión, e Iago Paz é dúbida no centro do campo.
Tamén moi cambiado se presenta o Vilalonga, que debutará na casa ante o Negreira. Os de Gabi Leis, perderon pezas clave no ano pasado, como Adrián Santos, Pablo Pillado ou o propio Iago Paz, pero se reforzou ben, fundamentalmente con xogadores chegados dende Baltar. Ademais, a profundidade de banquiño é se cadra maior. David Sarró, por problemas musculares e Suso tamén por lesión, serán baixa. Saúl é dúbida por unhas molestias que arrastra. Enfronte, os de Julián Ferreiro cambiaron principlamente de mediocampo cara arriba, asinando a hombres de moita calidade como Cuqui, Peloto ou Esteban Capelo.
E se interesante será a Tecrceira qué dicir dunha Preferente que este ano antóllase igualadísima. A priori Estradense e Barbadás son os equipos que contan con mellor plantel, pero por detrás, outros conxuntos tamén se reforzaron ben e teñen como obxectivo o ascenso. Casos de Portonovo e Arousa. Os vilagarciáns debutan na Lomba ante o Nogueira de Ramuín, mentres que o Porriño visitará Baltar. Outro que xogará na casa será o Cambados, que mantén basicamente o plantel do ano pasado e buscará os primeiros tres puntos ante o Caselas. A xornada deixaranos o primeiro de moitos derbis este ano; será no Revel, entre dous equipos que non queren pasar apuros esta temporada: Sanxenxo e Ribadumia.
Redacción Salnés