O Nadal de Cambados levará actividades a todas as parroquias

CAMBADOS> O concello de Cambados presenta un programa de Nadal para tódalas idades e tódalas parroquias. As actividades terán lugar dende o sábado ata o día 5 de xaneiro. O bipartito levará a cabo numerosos eventos no Salón Peña.

O concello de Cambados presentou o seu programa de Nadal 2019/2020. As actividades estenderanse ao longo das próximas semanas dende mañá ata o domingo 5 de xaneiro. O programa está destinado a todas as idades e se levará a cabo nas diferentes parroquias.

As actividades nas parroquias é unha das novidades desta programación de Nadal.

O groso das actividades de Nadal terán lugar no Salón Peña.

A programación completarase, entre outras actividades,  cun escape room, fin de ano para nenos e a cabalgata. Outras das novidades que anunciou o concello e que, a excepción do espectáculo pirotécnico do albariño, non se tirarán fogos artificiais.