VILAGARCÍA> As de Tito Díaz leváronse o partido despois de facer unha fantástica segunda metade, na que remontaron 10 puntos de desvantaxe. A día de hoxe salvarían a categoría.
{flowplayer}images/salnes/extrugasa_120209.flv{/flowplayer}
Segunda victoria consecutiva para o Extrugasa, na segunda final que afrontaba en apenas catro días, e de novo celebración por todo o alto do plantel e tamén dunha afección que acudíu en masa a Fontecarmoa.
O Gran Canaria chegaba ó encontro tan necesitado como o conxunto vilagarcián e foi mellor na primeira metade axudado, eso sí, por unha parella arbitral moi permisiva que tan só lles sinalou unha falta neses vinte minutos iniciais.
De saída o partido foi a tiróns: escapábanse as insulares e recuperaban as locais. Nese tira e afrouxa o Extrugasa pasouse cinco minutos sen anotar, cometendo os erros e vicios do pasado, e iso custoulle marcharse ós vestiarios dez abaixo (24-34).
Con esa desvantaxe, ante un rival directo e co que está a vivir este ano o equipo, o máis normal tería sido baixar os brazos. Pero as de Tito Díaz demostraron ter unha fortaleza mental envexable.
A sáida no terceiro cuarto foi espectacular: defensa inexpugnable e torrente ofensivo liderado por Iziane Castro que colocou un parcial de 15-0 en apenas cinco minutos que lle deu a volta o electrónico.
Co público completamente entregado, o conxunto vilagarcián non volveu a estar por detrás no marcador e administrou a diferencia ata o remate. Ó final, 64-55.
Iziane Castro foi a mellor do equipo con 24 puntos e estivo ben secundada por Taru Tuukannen, con 15 e 6 rebotes.
Agora toca pensar xa no vindeiro rival, o Rivas Ecópolis, pista dificilmente accesible pero na que se intentará dart a sorpresa.
Redacción Salnés