Mañá sábado disputarase a XV Regata Ramiro Carregal Rey

RIBEIRA> Mañá sábado zarparán dende Club Náutico e Deportivo de Ribeira os trinta barcos que tomarán a saída na XV edición da Regata Ramiro Carregal Rey. O seu destino será o Real Club Náutico de Portosín. A proba, de 25 millas náuticas de percorrido, discorrerá por un trazado marítimo cheo de encanto pero tamén perigoso debido ós baixos rochosos da zona. A saída está prevista para as doce do mediodía.