Milucho dimite no Portonovo tralo empate in extremis do Arousa

futbol250_160209.jpgVILAGARCÍA> Intensa xornada futbolística a que vivimos esta fin de semana capitalizada polo derbi da Lomba. Empate (2-2) entre Arousa e Portonovo que non deixou satisfeito a ningún equipo e que propiciou a dimisión de Milucho.

Un gol de penalti de Hugo Soto no 92′  evitou a debacle do Arousa ante un Portonovo que foi mellor durante boa parte do encontro.

Tras unha primeira media hora de tanteo, Baptiste abríu o marcador cun auténtico golazo. O francés asinou probablemente o seu mellor partido dende que fichou polo Portonovo. Ata ese intre nin uns nin outros tiveran ocasións dabondo como para ter merecido adiantarse.

Xa na segunda metade o Arousa saíu a por todas coa intención de empatar canto antes e acadouno por mediación de Alberto, á saída dun corner botado por Padín. Voltaban as táboas con corenta minutos por diante.

Pero ahí os de Milucho templaron mellor os nervos e comezaron a controlar o encontro, dominio que se materioalizou noutro golazo de Baptiste tras unha gran xogada de Alex e Jacinto.

O partido puido tomar outro rumbo mediada a segunda metade cando o Portonovo quedábase con dez pola expulsión de Víctor. Pero o perigo continou a chegar á área de Moncho. Álex non puido sentenciar o encontro, primeiro nun man a man e despois noutra contra na que cando se dispoñía a encarar ó porteiro local foi agarrado por Alberto, que vería tamén o vermello.

Cando semellaba que os tres puntos viaxarían cara Baltar chegou a xogada decisiva. Fiti trabou a Chiño e o ábitro non dubidou á hora de sinalar penalti. Hugo Soto non errou e propiciou a dimisión dun Milucho que prometera marcharse se non gañaba. Hoxe despedirase do plantel.

Tanto Arousa como Portonovo quedan en postos de descenso tras este choque aínda que beneficiados tamén polos picazos dos seus predecesores na táboa. O único dos da metade baixa da xeral que gañou foi o Vilalonga, que se distancia da zona perigosa tras superar e golear ó Somozas (4-1). 

Foi un partido moi completo dos de Gabi Leis. Machu adinatou ós celestes ós nove minutos aínda que os de German Amil empataron no ecuador do primeiro tempo. Unha das claves do encontro estivo na rápida reacción do Vilalonga que, un par de minutos despois, por mediación de Saúl, facía o 2-1. Xa na segunda metade os locais xogaron a pracer; de novo Saúl e Pablo Pillado farían o terceiro e cuarto; puideron chegar máis porque a superioridade foi total. Tres puntos importantes que lle dan aire ó Vilalonga.

No Manuel Anxo Cortizo o Céltiga sumou un valioso punto que o mantén metido de cheo na loita polo cuarto posto da xeral. Os de Josiño Abalde fixeron unha moi boa primeira metade ante o Lalín; foron quen de poñerse por diante ós dez minutos grazas a un gol de Keivin, aínda que despois o cadro local reaccionou e empatou á media hora por mediación de David Soares.

Na segunda metade dominaron os de Acevedo pero o Céltiga aguantou o resultado para levarse un punto que os coloca sextos a tan só un do cuarto, que agora é o Alondras.

Redacción Salnés