O Extrugasa sorprende ó Rivas e manda un aviso ós seus rivais

baloncesto250_160209.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa non só saíu dos postos de descenso, senón que este sábado permitíuse o luxo de gañarlle ó Rivas Ecópolis, equipo chamado a pelexar polo título de liga. As de Tito Díaz asinaron outro excelente encontro de novo baseado nun gran traballo defensivo.

En sete días o Extrugasa acadou máis victorias que en todo o resto da temporada, dato que fala ás claras do cambio radical que sufríu o equipo nas últimas semanas.

Despois das dúas victorias seguidas ante rivais directos pola permanencia, o plantel chegou repleto de moral para afrontar un encontro que non estaba marcado no calendario como posible victoria. Pero o triunfo deuse grazas á confianza que adquiriron estas xogadoras e, sobre todo á súa mellor arma, a defensa.

O partido sempre estivo do lado do Extrugasa, dende o primeiro cuarto, grazas ó acerto de Turek. As diferencias sempre foron favorables, ronaando entre os cinco e os dez puntos na primeira metade.

As locais reaacionaron no terceiro cuarto tras varios minutos de atasco ofensivo vilagarcián, pero de novo Trurek saíu ó rescate para poñer por diante ás de Tito Díaz, que souberon amarrar a victoria ata o final (55-65).

Ademais da aportación da pivot norteamericana (16+9 rebotes), Iziane Castro con 19 puntos e Tuukannen con 14, raiaron a gran altura. O rebote, e a defensa de Sara Gómez sobre Hodges, á que prácticamente anulou, foron outras das claves do triunfo.

Agora xa teñen unha victoria de colchon co descenso, beneficiadas polas derrotas de tódolos seus rivais pola permanencia. O Hondarribia será o seguinte equipo en visitar Fontecarmoa este sábado.

O Inelga pola súa parte colleitou a súa segunda derrota consecutiva logo de caer co Estudiantes na casa (58-69). Os de Juan Espiñeira caeron en demasiados erros no aspecto ofensivo, o que lles levou a cometer moitas perdas de balón. Chegaron once puntos abaixo ó descanso (30-41), con opcións aínda de dárllela volta ó resultado pero o cadro lucense abríu o terceiro cuarto cun parcial de 0-9 que resolveu o encontro. Continúan moi preto do descenso.

Redacción Salnés