Del Bosque: ”Estamos encantados de xogar aquí”

PONTEVEDRA> A selección española de futbol xa se atopa en Pontevedra. Alí xogarán mañá ás 22 horas un partido amigable ante Arabia Saudí. Antes de todo iso puidemos escoitar esta mañá a Vicente Del Bosque, Sergio Ramos e David Silva. Todo eles estiveron na rolda de prensa celebrada no Pazo provincial.

{flowplayer}images/salnes/RPSeleccionDeputacion_060912.flv{/flowplayer} 

Xa está en Pontevedra a selección española de futbol. O primeiro paso obrigado foi polo Pazo Provincial onde se deron cita centos de persoas para ver de preto ó seleccionador Vicente del Bosque a ós xogadores Sergio Ramos e David Silva, encargados eles de atender ós medios esta mañá. Un partido histórico para a cidade de Pontevedra e que dende a selección acóllese con moitas gañas.

Tamén amosouse moi feliz de voltar a Pontevedra David Silva. O canario garda moi bo recordo do seu paso polo Celta de Vigo.

E en Vigo o recibimento esta mañá no aeroporto non foi o desexado. A expedición foi recibida con apupos logo de non pararse a asinar autógrafos cos afeccionados que alí os agradaban. David Silva, quitoulle ferro ó asunto. 

O certo é que o de mañá ante Arabia Saudí é un boa pedra de toque para o combinado nacional, que o martes afrontará o primeiro encontro da fase de clasificación para o mundial de Brasil. Técnico e xogadores prometen empregarse a fondo ante o público pontevedrés.

Redacción Salnés