Vinte barcos participarán no Premio Terras Gauda

 POIO> O Salón de Plenos do Concello acolleu a presentación da III Concello de Poio – Premio Terras Gauda. Trátase dunha proba de longo percorrido, puntuable para o Campionato Galego de Solitarios e A Dous e que está organizada polo Náutico de Combarro.

{flowplayer}images/salnes/RegataCruceiros_180413.flv{/flowplayer} 

O evento conta coa colaboración do concello e o patrocinio da Adega Terras Gauda. A regata terá lugar o domingo 21, con saída dende o Porto de Combarro en torno ás 10:30. Os organizadores contan con varios percorridos deseñados dunhas 30 millas cada un. Un deles será o elexido minutos antes do inicio da proba atendendo ás condicións meteorlóxicas e de vento que máis favorezan o espectáculo. Na regata participarán ó redor dunha vintena de barcos, un número que satisface ós seus organizadores.

Ó acto de presentación acudiron representantes do Náutico de Combarro e do Porto Deportivo, de Terras Gauda e da Federación Galega de Vela, representada polo seu máximo mandatario, Manuel Villaverde. A edil de deportes, Margarita Caldas, amosouse satisfeita porque un deporte como a vela siga a medrar no concello de Poio.

Na Terceira regata Concello de Poio – Premio Terras Gauda participan barcos da clase Cruceiro ORC, que normalmente tripulados por 5 ou 6 persoas, pero que nesta proba terán que ser manexados por unha ou dúas. A proba é a primeira puntuable para o Campionato Galego da modalidade. A entrega de premios terá lugar o propio domingo ás 19:30, acto no que tamén se lle entregarán os galardóns ós vencedores absolutos do Autonómico de 2012.

Redacción Salnés