![]()
PONTEVEDRA> Mañá terá lugar a primeira folga de xuíces no Estado Español. Os maxistrados convocaron este paro para esixir máis medios…
… humanos e materiais para o exercicio do Poder Xudicial. Segundo o Comité de Folga de Pontevedra, sumaranse a esta protesta o 80% dos maxistrados da provincia; exceptuando os datos dos xulgados de Pontevedra e Vigo, que non se saberán ata mañá.
Na provincia de Pontevedra o paro consistirá nunha concentración que se celebrará diante do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra, ás 12 da mañá. A fachada do edificio xudicial será testemuña da lectura dun manifesto onde se recollen as reivindicacións deste colectivo profesional. Os xuíces concentraranse polo que eles consideran “unha xustiza, inxusta”. Os maxistrados piden máis medios humanos e tecnolóxicos para poder exercer o Poder xudicial dun xeito eficiente e rápido.
Segundo as primeiras estimacións, o 80% dos xuíces da provincia sumaranse á protesta. O dato definitivo non se coñecerá ata mañá, que será cando se sumen os datos dos xulgados de Pontevedra capital e Vigo. A nivel nacional, os comités de folga calculan que se sumarán a este paro máis de 1.700 maxistrados, que deixarán de exercer a súa labor durante toda a xornada de mañá. A pesar do numeroso da protesta, os xuíces aseguran que non se prexudicará aos asuntos xudiciais sen resolver.
O Consello Xeral do Poder Xudicial non autorizou esta protesta. O máximo órgano xudicial asegura que se trata dunha reivindicación que se atopa fora do marco legal. Un argumento que non comparten os maxistrados que se sumarán a esta protesta.
ATENDERANSE OS CASOS DE URXENCIA
Foron os xuíces, asociados en colectivos, os que estableceron uns servizos mínimos. Os maxistrados anunciaron que, durante a xornada de mañá, solo se atenderán os casos que se consideren de urxencia, que serán responsabilidade do xuíz de garda. Se o Goberno non atende ás peticións dos maxistrados antes do verán, os xuíces ameazan con levar a cabo outra folga o vindeiro 26 de xuño.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/170209_folga_xuices_previa.flv{/flowplayer}










