Rusia e República Checa únense ó cartel da Basket Cup

baloncesto250_180209.jpgVILAGARCÍA> As seleccións de Rusia e República Checa cofirmaron hoxe a súa presencia na edición deste ano da Vilagarcía Basket Cup. Dous grandes equipos que se unen a Italia, España, Francia e Alemania na disputa do torneo. Tan só quedan outras dúas seleccións para completar o cartel.

A organización da Vilagarcía Basket Cup confirmou hoxe a presencia de dúas novas seleccións nacionais, na próxima edición do torneo que se xogará entre o 9 e o 12 de abril.  Rusia e República Checa son os países que se sumarán a España, Alemania, Italia e Francia, na disputa da Basket Cup, dous conxuntos de calidade recoñecida.

No caso de Rusia, trátase, históricamente, dunha das canteiras de maior potencial a nivel europeo e mundial. Este ano acudirá ó torneo cun grupo de xogadores formados nos dous equipos punteiros do país a día de hoxe, o CSKA e o Kimhki, ambos de Moscova. Precisamente o Kimki, causou moi grata impresión o ano pasado no torneo vilagarcián; accederon á final onde caeron co Unicaja nun partido moi igualado. No CSKA , cabe lembrar que o seu equipo senior é o actual campíon de Europa.

Xunto a Rusia, unha as grandes novidades da nova aposta da Vilagarcía Basket Cup, radica na presencia da República Checa, conxunto que obtivo o pase á primeira división do basket sub18, no ano anterior, durante o Europeo celebrado na localidade húngara de Debrecen, cunha formación liderada polos xogadores David Jelinek, do Joventut de Badalona, e Jan Vesely, do Patizan de Belgrado. A súa gran actual estrela é Tomas Satoransky, xogador polo que varios equipos españois tiveron moito interés durante os últimos meses e que no seu debut na liga checa durante a tempada pasada chegou incluso a disputar o All Star Game.

Con estos dous conxuntos a Basket Cup adquire un altísimo nivel competitivo e tras confirmar a presencia de seis seleccións, continúa traballar man a man coa FEB para pechar o cartel con outros dous equipos que sexan atractivos para o público.

No referente á Basket Cup Base Caixanova, o número de inscripcións superou xa o 65% do previsto pola organización. Estase a pensar en colocar cinco pistas, unha máis que o ano pasado, para poder acoller o maior número de partidos posible.

Redacción Salnés