NOIA> Este xoves presentábase a 36 edición do Ralli de Noia. Despois de dous anos sen celebrarse, a consecuencia da pandemia, a escudaría Berberecho recupera esta cita, unha das máis senlleiras de Galicia. Terá lugar os días 1 e 2 de abril.
Os afeccionados ó mundo do motor están de noraboa xa que este ano recupérase o Ralli de Noia. Faino despois de dous anos sen poder celebrarse a consecuencia da pandemia. A cita será os próximos días 1 e 2 de abril.
–inserto
O formato este ano será semellante ó da última edición disputada, a de 2019, repetindo case na súa maioría as ubicacións dos diferentes tramos a competición.
–inserto
Na proba hai inscritos uns 115 corredores, sumando tódalas categorías, unha cifra lixeiramente inferior á da última edición, coa participación de destacadas figuras como é o caso de Víctor Senra, Alberto Meira ou Manuel Senra, que se xogarán a vitoria final na xeral.
–inserto
Dende a organización agradecen a colaboración das distintas empresas e casas comerciais, así como tamén a Protección Civil, Cruz Vermella, Garda Civil e voluntarios que fan posible que o ralli poida disputarse coas mellores garantías en canto a súa seguridade.