Guillerme Vázquez: ‘As medidas de Zapatero van empeorar a crise’

    guillerme_copia100.jpgPONTEVEDRA> O portavoz nacional do BNG, afirmou que o primeiro que hai que facer é reformar o mercado financeiro. Estas declarafcións as realizou durante o acto sobre a crise económica que se celebrou en Pontevedra

    {flowplayer}images/salnes/GUILLERME_VAZQUEZ.flv{/flowplayer}

    Vázquez asegurou que as medidas anticrise postas en marcha polo goberno central e aprobadas por 1voto de diferenza, van empeorar a grave situación económica pola que está a pasar España. O portavoz nacionalista sinalou que é necesario tomar medidas que vaian destinadas a reformar o mercado financeiro. Afirmou que se non se empezan por eles, todas as medidas que se tomen van empeorar a situación dos cidadáns.

    En canto á reforma laboral, Guillerme Vázquez asegura non vai resolver a crise económica, senón todo o contrario. Denunciou que o único que se vai conseguir é recortar os dereitos dos traballadores. Puntualizou que é a sexta reforma da democracia negativa para o mercado laboral.

    Polo que respecta á medida proposta polo PP de reducir os custos electorais, Vázquez manifestou que se debe comezar por eliminar o envío de papeletas ás casas.

    Durante o acto sobre a crise económica que se celebrou en Pontevedra, o nacionalista asegurou que existen alternativas para mellorar a situación de España.

    Redacción Salnés