A absolución de Maceiras pecha definitivamente o ‘caso Guimarey’

sentenzaisaac.jpgPOBRA> A Audiencia Provincial absolveu ó alcalde da Pobra dunha falta de desobediencia á autoridade no caso do derrube da vivenda das irmás Guimarey.

{flowplayer}barbanza/pechecasoguimarey.flv{/flowplayer}

Con esta sentencia absolutoria da Audiencia Provincial de A Coruña que exculpa a Maceiras dunha falta de desobediencia remata o coñecido caso das “irmás Guimarey”, dúas veciñas da Pobra ás que o concello debía derrubar parte da cuberta da vivenda tras unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Peche definitivo

Maceiras xa fora absolto dun delito de desobediencia nun anterior ditame do ano 1999 do Xulgado de Ribeira. Non obstante, o veciño que presentou a denuncia apelou a sentencia. Agora, é a Audiencia Provincial de A Coruña a que ratifica esta absolución, pechando definitivamente o caso.

‘Dificultades técnicas’

Segundo o ditame, houbo dificultades de carácter técnico que retrasaron o derrubamento e obrigaron o concello a redactar un proxecto de demolición. A forte oposición veciñal tamén foi determinante para que o concello pobrés non cumprira ca orde de derrubamento.

O alcalde pobrés mostrou a súa satisfacción por esta sentencia exculpatoria, afirmando que el sempre tentou cumprir co mandato xudicial e, en todo caso, o retraso na execución foi debido a acontecementos externos ó concello.

No ano 2005 os propios donos da vivenda levaron a cabo a demolición. Na actualidade, a casa, situada en Santa Cruz de Lesón, legalizou a cuberta derrubada grazas a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Redacción Barbanza