A folga provocou a suspensión do 35% dos xuízos previstos hoxe

    xulgado100.jpgPONTEVEDRA> A folga de xuíces provocou que se suspenderan o 35% dos xuízos previstos para esta xornada. O Decanato Provincial asegura…

    …que os cidadáns afectados pola suspensión de actos, foron avisados con antelación. Polo de agora, non se rexistraron incidencias e o ambiente no Xulgado da Parda, este mediodía, era de total normalidade. A sala do Penal 1 estivo completamente paralizada, así como outras seccións que se viron obrigadas a suspender as sesións ao non dispoñer de xuíz.

    Na rúa, a maioría dos cidadáns non apoian ao poder xudicial nesta protesta pero consideran que é preciso reformar a Xustiza en España.

    Os xuíces que se manifestaron hoxe piden que se modernice a xustiza a través da creación de 1.200 xulgados máis en cinco anos, para igualarse á media europea. En anteriores negociacións, o Ministerio de Xustiza comprometeuse a destinar 20 millóns para a modernización informática e a crear 150 xulgados ao ano. Hai quen considera que os xuíces deberían conformarse con esta oferta do Ministro de Xustiza, e non convocar unha folga.

    E mentres uns cidadáns defenden unha profunda reforma na Xustiza, outros demandan que a reforma se prolongue ata as institucións penitenciarias. 

     A protesta de hoxe é a primeira pero, seguramente, non será a derradeira. Segundo os maxistrados en folga, se o Ministerio de Xustiza non acomete melloras no Poder Xudicial antes do verán, os xuíces volverán a declararse en folga o vindeiro 26 de xuño.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/180209_enquisa_folga_xuices.flv{/flowplayer}