A biblioteca de Escarabote conta cun recuncho dedicado ó mar

BOIRO> A biblioteca do centro social de Escarabote acolle un recuncho dedicado ó mar. Este espazo supón un paso máis na posta en valor destas instalacións que o concello pretende converter nun centro de referencia sobre cultura mariñeira.

O mar forma parte da vida da pequena localidade de Escarabote en Boiro. Co obxectivo de poñer en valor parte deste patrimonio cultural, o concello inaugurou a biblioteca do mar situada na segunda planta do centro social.

Don José é, en boa parte, o artífice deste recuncho no que abondan os nós mariñeiros e outros elementos froito da súa creación. En recoñecemento á súa colaboración, o alcalde fíxolle entrega dun mapa da Ría de Arousa como agasallo. Tamén a Xaquín españa, responsable da exposición etnográfica situada na planta baixa do centro social.

O GALP Ría de Arousa colabora tamén na iniciativa coa cesión dunha mostra fotográfica sobre os traballadores do mar.

O obxectivo do concello é seguir ampliando os fondos das instalacións ata convertelas nun centro de referencia en toda a comarca.