Mar traslada ós eurodeputados da Comisión de Pesca a súa folla de ruta ante o Brexit

BARBANZA> A Xunta de Galicia pide ós deputados españois que forman parte da Comisión de Pesca no Parlamento Europeo a defensa do sector pesqueiro galego tralo Brexit. A Conselleira do Mar solicitou a súa colaboración para facer presión ante as institucións europeas e minimizar o impacto do acordo sobre a flota galega.

A Conselleira do Mar mantivo unha reunión por videoconferencia cos eurodeputados españois da Comisión de Pesca para trasladarlle a folla de ruta deseñada polo goberno galego para defender os intereses da súa flota ante o brexit. O primeiro paso éa elaboración de dous informes, un técnico e outro xurídico, sobre as consecuencias do acordo para Galicia.

Rosa Quintana interesouse tamén polos criterios de reparto do fondo de compensación para as flotas prexudicadas, incidindo na necesidade de ter en conta a afectación indirecta para que España non volva saír prexudica no reparto dos 600 millóns de euros con que está dotado este fondo.

Por último, a conselleira solicitou a colaboración dos parlamentarios para facer presión ante as institucións europeas e poder coñecer tódolos detalles do acordo co Reino Unido para avaliar o impacto real para Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí