Un armador ribeirés patenta un sistema de localización para rescates

    sistemalocalizacion_100_190209.jpgRIBEIRA> O armador Xosé María Santiago e a empresa ‘Zarol’ acaban de patentar un novidoso sistema para a localización de persoas ou naves na mar.

    {flowplayer}barbanza/sistemalocalizacion.flv{/flowplayer}

    O afundimento do Cordero, hai agora pouco máis dun ano, deixou tras de sí o tráxico balance dun mariñeiro morto e catro desaparecidos. Dende aquela, o armador do buque, Xosé María Santiago, estivo traballando nun sistema de localización para axudar nos rescates na mar que acaba de presentar en colaboración coa empresa murciana de patentes Zarol.

    O dispositivo consiste nun maniquí coa estrutura e peso medio aproximado dun corpo humano, elaborado en caucho, resina ou un material similar aínda por determinar, e dotado de roupa de augas e un chaleco salvavidas. O mecanismo, equipado cun sistema GPS, instalaríase nun habitáculo na cuberta que se abriría en caso de afundimento co que o traxecto do maniquí permitiría reproducir o rumbo dos mariñeiros á deriva.

    Ademais, no interior do maniquí habilitariase outro compartimento para víveres, indispensables nos accidentes nos que haxa superviventes.

    A idea de Santiago é que os helicópteros de salvamento estean tamén provistos de varios destes sistemas para arroxar ó mar no caso de rescates con condicións meteorolóxicas adversas.

    Vantaxes

    Este mecanismo evitaría tamén ter que mobilizar a todo o dispositivo de salvamento co consecuente aforro de custos.

    Nos mellores casos este innovador sistema contribuiría salvar vidas mentres que nos accidentes con mortos permitirá recupera-los corpos servindo ademais como un modo de testemuña para aclara-las circunstancias do sinistro e facilitar, tanto ás familias como ó propio armador, o cobro de indemnizacións.

    Redacción Barbanza