POBRA> O alcalde, Isaac Maceiras, visitou as obras de acondicionamento que se están a desenvolver nas prazas de Maura, Rosalía de Castro e Galicia.
{flowplayer}barbanza/obrasprazaspobra.flv{/flowplayer}
Hai varios días os operarios da empresa Oys Noroeste, firma que resultou adxudicataria das obras, iniciou os traballos de acondicionamento e remodelacion en varias prazas e rúas do casco urbano pobrés, concretamente nas prazas Maura, Rosalía de Castro e Galicia, así como tamén nas rúas adxacentes. A actuación prevé a substitución do actual pavimento naqueles tramos nos que aínda é de formigón por lousas de pedra, así como tamén a instalación de nova tubaxe, tanto para o saneamento como para o abastecemento de augas. Ademais tamén se levará a cabo o soterramento do cableado aéreo e se instalarán novas luminarias.
Dinamización rúas
O propio alcalde, que esta mesma mañá comprobaba a marcha dos traballos, destacaba a importancia desta actuación na liña iniciada hai xa varios anos de dinamización e humanización do casco urbano.
O orzamento total da actuación ascende a máis de 139 mil euros, dos cales o 70% é sufragado pola consellería de Industria e o 30 % restante vai con cargo ós presupostos municipais. Dende o executivo pobrés confíase en que as obras poidan estar rematadas no vindeiro mes de abril.
Redacción Barbanza