OUTES> Por terceiro ano consecutivo, Outes volverá poñer en marcha a súa ruta de tapas. Desenvolverase durante as últimas dúas fins de semana de novembro co obxectivo do dinamizar o sector hostaleiro.
Oito locais participan na terceira edición de ‘En Outes de Tapas’ que se desenvolverá a finais de novembro no municipio. Catro deles están no Freixo, tres na Serra e outro na parroquia de Cando.
Os clientes terán ocasión de valorar, mediante un pasaporte, os pinchos que ofrece cada un dos locais participantes.
Ademais do premio á tapa gañadora, resultante do voto do público e un xurado de expertos, sortearase unha cea entre os clientes participantes.











