Os afectados polo Plan de Vivenda buscan novos apoios

    vivendassociaisribeira_100_200209.jpgRIBEIRA> Os propietarios afectados polo Plan Sectorial de Vivenda veñen de integrarse na coordinadora galega de prexudicados por este proxecto.

    {flowplayer}barbanza/vivendassociaisribeira.flv{/flowplayer}

    A pasada semana, os afectados polo Plan Sectorial de Vivenda, mantiveron un encontro co candidato do PPdeG á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen se comprometeu a revisar o proxecto para evitar a expropiación das fincas de Coroso. Os propietarios tamén solicitaron unha reunión cos candidatos do PSOE e do BNG, dos que aínda non tiveron resposta.

    Á espera de que se resolvan as alegacións presentadas tanto polos propios veciños como polos partidos con representación na corporación municipal, os propietarios tentan recabar máis apoios, polo que acaban de integrarse na coordinadora galega de afectados polo Plan.

    Exceso de vivendas libres

    Os veciños non se opoñen á execución do proxecto pero sí á expropiación de fincas e mesmo de cinco casas para a construción de vivenda protexida cando existen en todo o concello ribeirés máis de 1.700 pisos sen ocupar.

    Nunha recente visita, o delegado provincial da Consellería de Vivenda, Xoán Carlos Bascuas , comprometeuse publicamente a modificar a bolsa de terreo contemplada no Plan para Ribeira. Sen embargo, a falta dun compromiso por escrito, os veciños non teñen garantías suficientes de que poidan conservar as súas terras.

    Redacción Barbanza