Os cativos de Ribeira descobren a súa vocación na Semana dos Oficios

    RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións. Nunca é demasiado cedo para cultivar novas vocacións. Por esta razón, a escola infantil Cativos de Ribeira está a desenvolver a Semana dos Oficios. A través desta orixinal iniciativa, que implica ós pais dos alumnos, os pequenos coñecen un pouco máis de preto as súas profesións. Esta mañá os nenos iniciáronse no mundo das comunicacións a través dunha das nosas cámaras. Quen máis e quen menos amosou grandes aptitudes como entrevistador. Mentres, outros decantáronse polo mundo do espectáculo e animáronse a entoar algunha canción con axuda das profes. Os pequenos recibiron tamén a visita dunha fisioterapeuta coa que aprenderon nocións básicas de anatomía da man dun convidado especial. O cráneo parlante non deixou indiferente a ninguén. Ó longo de toda a semana, os pequenos seguirán a compartir experiencias cos seus proxenitores. Recibirán a visita dunha profesora de ximnasia, unha esteticista ou un bombeiro. Dan man deles, aprenderán un pouco máis sobre estes oficios e, quen sabe, se encamiñarán os seus pasos cara a súa futura profesión.