![]()
RIBEIRA> A plataforma de afectados polos danos derivados da construción da autovía do Barbanza emprenderá accións legais contra Política Territorial.
{flowplayer}barbanza/tratoradaribeira.flv{/flowplayer}
Os prexudicados polas obras da autovía, executadas pola empresa Sacyr, seguen en pé de guerra para esixir que se solventen os numerosos danos que ocasionaron os traballos. Para elo, esta fin de semana realizaron unha nova mobilización, enta vez en forma de tratorada.
Arredor dunha ducia de tratores e os máis de cincuenta integrantes da plataforma déronse cita na rotonda da saída da autovía en Palmeira onde iniciaron o seu particular percorrido, afectando á circulación normal do tráfico, aínda que sen chegar a cortalo.
Querela criminal
Durante a mobilización, o portavoz do colectivo, Jaime Fernández, anunciou que a toma de medidas legais contra a administración autonómica. Os afectados están estudando interpoñer unha querela criminal contra a Consellería de Política Territorial. Tamén consideran que existiu fraude no prezo pagado polas expropiacións dos terreos.
A plataforma de afectados, constituída hai apenas quince días, considera que non lle queda outra alternativa que acudir á vía xudicial posto que, a pesar das múltiples queixas presentadas, non recibiron resposta da administración autonómica e tódolos compromisos adquiridos polo delegado de Política Territorial de subsanar as deficiencias non se materializaron.
Redacción Barbanza









