Dous minutos fatídicos privan ó Extrugasa da victoria

baloncesto250_230209.jpgVILAGARCÍA> A xornada non lles puido ir peor os equipos do Salnés. Dúas derrotas tanto para Inelga coma para Extrugasa. As rapazas de Tito Díaz tiñan o partido gañado a falta de dous minutos, pero seis perdas de balón consecutivas condenoulles ante o Hondarribia

O excelente traballo de 38 minutos foi tirado pola borda nos dous últimos. É o único resume posible do partido que se víu o sábado en Fontecarmoa entre Extrugasa e Hondarribia.

Ambos equipos chegaban ó choque con tres triunfos consecutivos, coa intención de prolongar a súa xeira. As vilagarciáns asinaron o mellor primeiro cuarto da temporada no aspecto ofensivo, marcando un ritmo alto ó xogo, aproveitando as opcións de contraatanque e con posesións curtas basadas na velocidade. Fóronse 25-20 á primeira pausa.

As vascas reaccionaron tralo paso polos banquiños acadaron o empate no marcador, que foi a tónica dominante durante os seguintes 20 minutos de partido. Intercambio de canastras, toma e daca constante e número de erros moi parellos.

Foi nos últimos compases do terceiro cuarto e nos primeiros do derradeiro cando o Extrugasa foise no marcador, a base de paciencia, esgotando ata o límite as súas posesións e lideradas por Iziane Castro e por un trío de xogadoras interiores que estiveron a un altísimo nivel, Turek, Tuukannen e a sorprendente Katia Da Silva, que rematou con 17 puntos e 6 rebotes en apenas 20 minutos de xogo.

A 1:54 para o remate o marcador reflectía un claro 74-66, e a partir de ahí, o desastre. Seis perdas de balón consectuivas aproveitadas polas irundarras poñían no electrónico un sorprendente 74-76. Castro tivo a oprtunidade para empatar o choque a oito segundos para o final pero cando se ía soa cara a canastra decidíuse para na liña de tres e non penetrar. Perdeu o balón e as esperanzas de victoria (75-78).

Pese a todo, as derrotas de Gran Canaria e Estudiantes manteñen ás vilagarciáns fora do descenso.

Na liga EBA tampouco puido gañar o Inelga, que caeu co Xiria tamén por un resultado apretado (69-65). Os de Juan Espiñeira foron todo o encontro por detrás no marcador; reaccionaron no último cuarto pero iso non lles servíu para levarse a victoria. Caen a postos de descenso.

Redacción Salnés