O Céltiga racha coa xeira de once xornadas sen gañar

futbol250_010310.jpgSALNÉS> Esta foi unha gran xornada para os equipos do Salnés que militan na Terceira División. Victorias tanto do Vilalonga, como do Céltiga. Os da Illa foron quen de rachar ante o Rápido de Bouzas cunha xeira de once partidos sen gañar.

Dende o 29 de novembro o Céltiga non sabía o que era gañar, fora ante o Ourense por 4-2 no Salvador Otero. Onte, tamén na casa, a víctima foi un rival directo pola permanencia como o Rápido de Bouzas ó que superararon por 3-1.

O equipo reaccionou despois da goleada encaixada no Vao e completou un partido moi serio e xogado con moita intensidade. O dominio do balón foi case sempre visitante, pero sen apenas profundidade, algo do que se serviron os de Antonio Gómez para xogar á contra e aproveitar a velocidade de Manuel, onte titular en detrimento de Hugo.

Luis Albertou naugurou o marcador ós 11 minutos de xogo pero os visitantes puideron igualar nunha acción aillada xusto antes do descanso.

Na segunda, foron moi superiores os da Illa que incluso perdoaron unha goleada maior. O propio Manuel, ós cinco minutos da reanudación, e Beni a vinte para o remate asinaban o 3-1 final. Unha victoria que debe servir de punto de inflexión, xa que continúan a ter os postos de descenso a un punto.

O Vilalonga vive moito máis tranquilo na sexta posición da xeral logo de sumar a súa segunda victoria consecutiva. O Lalín duroulle pouco máis dun cuarto de hora ós de Gabi Leis. Ós 17 minutos o encontro xa estaba decidido. Sarró marcara no 11′ e pouco despois Nano converteu un penalti de Suso sobre Jesu que lle custou a expulsión ó defensa lalinense.

De ahí ó remate do primeiro tempo o dominio foi celeste que puido ampliar a súa renta. Na segunda metade o Laín buscou a milagre mentres que os locais se relaxaron. Con todo, o marcador non se movería. Pese a ser sexto, as opcións de entrar entre os catro que xogarán a fase de ascenso son mínimas; teñen a dez puntos ó Coruxo, os mesmos que o separan do descenso directo que o marca o propio Lalín. O obxectivo en San Pedro continúa a ser a permanencia.

Redacción Salnés