Na festa de Baltar tan só faltaron os goles

portonovo250_240510.jpgSANXENXO> Se a cara negativa do futbol foi a vista na Lomba, a positiva foron as imaxes que nos deixou Baltar. Centos de afeccionados celebraron o ascenso co seu equipo, no que foi unha tarde de festa. O único que faltou foron os goles. Portonovo e Caselas empataron 0-0 nun partido sen historia.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_240510.flv{/flowplayer} 

O de menos era o resultado nun partido que se convertera durante a semana na cita que tiñan todos os afeccionados do Portonovo para festexar a volta do equipo á Terceira. O máis interesante da tarde foron sen dúbida os prolegómenos do encontro porque o partido foi malo. Empate a ceros contra un equipo como o Caselas, que xa estaba descendido.

Na festa participou un grupo de baile, parte da base do Portonovo e algún dos xogadores que protagonizaron o anterior ascenso do equipo á máxima categoría autonómica. Cores, Tino, Maceiras, Fernando, Taboada, Leviña, Rocade ou Luís Ángel. Todos compartiron vestiario con Úbeda, Fiti e Alfonso, os tres supervivintes daquel equipo pertencentes ó actual e que tamén foron homenaxeados.

Despois Óscar Guimeráns foi recoñecido como o xogador branquiazul máis regular da temporada.

O día de onte tamén foi importante para a entidade no aspecto institucional. Fernando Fraga e o seu equipo directivo presentaron a súa dimisión irrevocable nunha asemblea extraordinaria. Haberá que agardar ata o 6 de xuño, día para o cal os socios están citados para unha nova reunión. Ata entón estará aberto o prazo para a presentación de candidaturas á presidencia.

Redacción Salnés