O Torneo Concello de Poio reunirá a 1.400 rapaces

f7250_020610.jpgPOIO> O Casal de Ferreirós acolleu a presentación do VII Torneo de Futbol 7 Concello de Poio. Trátase dun evento para categorías benxamín e alevín no que participarán case 90 equipos. No acto estiveron os futbolistas do Pontevedra Charles e Alejandro Vázquez, e os do Celta, Dani Abalo e Iago Aspas.

{flowplayer}images/salnes/futbol7Poio_020610.flv{/flowplayer} 

Unha presentación por todo o alto para un torneo que non a desmerece. Case 1.400 rapaces daranse cita esta fin de semana nos campos da Seca e da Reiboa para disputar a séptima edición do Torneo Concello de Poio, de futbol 7.

Serán 26 equipos máis que no 2009 para un total de 89, todos eles da provincia de Pontevedra. Tanto en categoría benxamín como en alevín non faltarán clásicos como o Arousa, Portonovo, Céltiga, Unión Grove ou Ribadumia, entre outros.

Apadriñando o torneo estiveron futbolistas de primeiro nivel. Do Celta, o xoven vilagarcián Dani Abalo ou o moañés Iago Aspas, e por parte do Pontevedra o capitán Alejandro Vázquez e o brasileiro Charles. Tamén acudiron ó acto unha representación dos xogadores máis importantes que deu o concello de Poio nos últimos anos, como o celeste Pablo Lede, Suso do Pontevedra B e Dani López e Gándara, que actuaron esta temporada no Portonovo. Todo para apoiar un torneo que pretende inculcar ós rapaces os valores do deporte.

Paralelamente á competición, celebrarase unha auténtica festa para tódolos asistentes. Canchas de futbol-3, hinchables, exhibicións de motos, festa da espuma ou un parque biosaudable son algunhas das actividades programadas dende o concello para esta fin de semana.

Redacción Salnés