Autónomos en contra dun centro comercial en Megasa

    Máis voces que se pronuncian sobre a posibilidade de crear ou non un área comercial nos terreos de Megasa.

    Agora son os autónomos vilagarciáns os que, mediante a organización Agtamar UPTA,  aseguran que un centro comercial destruiría centos de empregos. A asociación pon acento en que dos dous mil autónomos que desenvolven a súa actividade na capital arousá, arredor do 800 fano no centro da cidade. O 80% dedícase ao comercio minorista téxtil, alimentario e hostaleiro e este veríase gravemente ameazado por un área coma esta. Calculan que só na praza de Abastos afectaría a 150 autónomos.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí