O SALNÉS> O xeodestino do Salnés salta polos aires. A Xunta aproba a inclusión de Vilanova no novo xeodestino de Mar de Santiago, con Catoira, Valga e Pontecesures. A Mancomunidade do Salnés xa presentou recurso ante esta medida, sen éxito, baseándose en que os xeodestinos deben configurarse só entre concellos limítrofes, algo que non acontecería neste caso. A presidenta do organismo cre que a estraxexia de Vilanova ‘desmembrana’ a comarca. Non descarta incluso recorrer á vía xudicial.
De novo a polémica está servida entre a Mancomunidade do Salnés e o concello de Vilanova. Desta volta, polo redeseño do mapa de xeodestinos turísticos. O Consello de Turismo de Galicia deille luz verde nunha axustada votación -e co rexeitamento xeneralizado do sector privado- á inclusión de Vilanova en Mar de Santiago. Un novo xeodestino do que forman parte tamén Pontecesures, Catoira e Valga. A presidenta comarcal critica a estratexia do alcalde Gonzalo Durán.
Para iso, a Mancomunidade xa presentou varias alegacións, todas elas rexeitadas pola Xunta. Nesas reclamacións o organismo comarcal argumentaba que o goberno galego está incumprindo a súa propia normativa, coa creación dun xeodestino conformado por concellos non limítrofes.
Una decisión, ademais, con consecuencias para outros dous Concellos: A Illa e Vilagarcía, que coa marcha de Vilanova quedan illados dentro do seu propio xeodestino.
A presidenta comarcal non descarta incluso presentar un recurso contencioso-administrativo. Avanza, ademais, que isto pode ter consecuencias tamén no Plan de Turismo da Mancomunidade.
E defende a súa xestión destes últimos tres anos, argumentando que, polémicas á marxe, en todo momento tódolos concellos foron tratados por igual.