![]()
VILAGARCÍA> O home, de preto de 60 anos e veciño de Vilagarcía, traballaba nunha finca próxima ó restaurante O fogón da Ría…
{flowplayer}images/salnes/240209_suceso_fontecarmoa.flv{/flowplayer}
…Ó parecer, o pozo estaba tapado cunha especie de forxado e ó pasar co vehículo por enriba esta tapadeira cedeu caendo ó seu interior. Ata o lugar desprazáronse numerosos efectivos de rescate e persoal sanitario, que só puido certificar a morte do accidentado.
O sinistro producíase pouco antes da unha da tarde. Nese momento o home, de arredor de 60 anos e veciño de Vilagarcía, traballaba nunha finca en Fontecarmoa. Segundo contaron os veciños, o accidentado era o propietario dos terreos e neles estaba a construír unha corte para cabalos. Ó parecer, o falecido estaba traballando no lugar cun tractor cando pasou por riba dun pozo de rego situado ó carón da construción.
Minutos despois do accidente chegaban ó lugar dúas dotacións de Bombeiros, Emerxencias 112, unha ambulancia e un helicóptero do 061, Policía Nacional e Local, Protección Civil, e técnicos do concello. O pozo, duns tres metros de profundidade, estaba cheo de auga e restos de maleza, o que complicou as tarefas de rescate.
Ó pouco de iniciar as manobras de rescate os sanitarios certificaron a morte do home. Para poder liberar o cadáver, os bombeiros tiveron que achicar primeiro a auga do pozo e retirar a terra e o propio forxado. Un proceso complicado que tiveron que facer de xeito manual.
Arredor das tres menos cuarto da tarde os efectivos de rescate conseguían retirar o cadáver do pozo, e tralo seu levantamento, o lugar quedou precintado por orden xudicial á espera de que a policía realice os estudos oportunos.
Redacción Salnés






