O temporal de mar está a pasar sen incidencias salientables

    fototemporalcopia.jpg SALNÉS> A pesar dos refachos de máis de 100 km/hora e as ondas de ata 10 metros, apenas houbo danos na costa.

    {flowplayer}images/salnes/Temporal.flv{/flowplayer}

    A maioría da frota permanecía amarrada esta mañá aínda que os mariñeiros se ían achegando ó porto para comprobar como se atopaban as súas embarcacións e facer balance dos desperfectos ocasionados. Algún que outro pantalán dado a volta e outros con partes rotas ou danadas por causa da forte oleaxe. Aínda que o balance non foi demasiado grave. Con todo hoxe non puideron saír a faenar e comezaban a pensar se a cousa melloraría de cara a mañá. Pois ó longo da tarde de hoxe rexistráronse ondas de ata 10 metros de altura. Tamén esta mañá en torno ás dez da mañá un coche saíase da vía na AP9 en dirección a Santiago ó seu paso polo concello de Barro.

    En Vilagarcía as incidencias causounas o forte vento que fixo caer as ponlas das árbores sobre o parque da Compostela. Por outra banda en Carril unha vaia publicitaria saíu voando por causa do forte vento. Por sorte en ningún dos casos houbo que lamentar feridos. Polo de pronto a alerta vermella na zona costeira das Rías Baixas manterase ata as 12 da mañá de mañá xoves e a partir de ahí pasará a ser alerta laranxa. A Xunta pola súa banda suspendeu as actividades extraescolares para o día de hoxe e aconséllase que se eviten realizar actividades ó aire libre. Ademais tamén se recomenda que no caso de ter que desprazarse por estradas obrigatoriamente se faga por vías principais.

    Redacción Salnés