![]()
NOIA> Segundo os residentes da zona a situación foi a peor dende que se acometeu a súa reforma o pasado verán.
{flowplayer}barbanza/bachesruagalicia.flv{/flowplayer}
Tanto os veciños como os propietarios dos numerosos negocios ubicados na rúa de Galicia están fartos de denunciar o lamentable estado que presenta unha das principais arterias de comunicación do concello noiés. A pesar de que o pasado verán se acometeu a mellora da estrada, son moitos os que afirman que as obras, lonxa de ter un resultado satisfactorio, deterioraron aínda máis a zona. As principais denuncias refírense ó mal estado das beirarrúas e do firme con constantes baches por toda a vía, a falta de prazas de aparcamento e mesmo a deficiente sinalización que soe derivar nun caso circulatorio.
Novo mobiliario
Os veciños tamén botan de menos elementos do mobiliario urbano como bancos e papeleiras e, como non, o alumeado, posto que as farolas que se instalaron non funcionan.
Pola súa banda, dende o concello son conscientes das deficiencias desta rúa que segundo o concelleiro de Obras, Xosé Rodríguez Agulleiro, é a peor de Noia a pesar de constituir unha das principais entradas e saídas da vila. É por elo que a brigada municipal traballa ocasionalmente no parcheado dos baches, á espera de que se acomete a remodelación integral prevista para a rúa de Galicia.
Redacción Barbanza









