Meis fará un informe conxunto dos afectados pola autovía a Vilagarcía

    reunionccooalcaldemeis100_230307_001.jpgMEIS > O Concello fará un informe conxunto de tódolos afectados polos trazados da autovía Vilagarcía a Pontevedra …

    … propostos pola Consellería de Política Territorial. O alcalde recibiu hoxe ós afectados dunha canteira de Paradela.

    canteiraaridosdelumia200_230307_001.jpgO alcalde de Meis reuniuse hoxe cos delegados do Comité de Empresa de Áridos del Umia. Esta firma conta cunha concesión para explotar unha canteira duns cincuenta mil metros cadrados de superficie situada na Goulla, na parroquia de Paradela. Segundo lle indicaron ó alcalde, o trazado da autovía Pontevedra a Vilagarcía elixido por Política Territorial, segundo o estudo informativo que se somete a exposición pública, pasa por medio da canteira, anulando toda a explotación.

    Tanto o Concello como os delegados do Comité de Empresa están a favor da construcción desta autovía, pero con outro trazado que non afecte á continuidade dunha empresa que leva décadas na comarca e xera 42 postos de traballo indefinidos.

    O Concello está a recoller as reivindicacións dos afectados polo proxecto da autovía. Ademais de Áridos del Umia, os trazados propostos por Política Territorial prexudican a outra canteira en Paradela e á da parroquia de San Lourenzo, sen esquecer varias vivendas e negocios en San Tomé. O alcalde indicou que se remitirá un informe conxunto á Xunta e confía en que será tido en conta polos técnicos. Tódolos afectados traballan xa na elaboración das súas alegacións.

    Redacción Salnés