Os Concellos das Rías Baixas conmemoran o Día do Libro

    VILANOVA> Hoxe, 23 de febreiro, conmemorouse o Día do Libro; coincidindo co aniversario do pasamento de dous grandes da literatura…

    {flowplayer}images/salnes/dia_libro_salnes_230412.flv{/flowplayer}

    … universal: Shakespeare e Cervantes. Esta efeméride foi celebrada en maior ou menor medida, por tódolos concellos da contorna, como foi o caso de Vilanova, onde os máis cativos pasaron a tarde no salón da Confraría entre libros e actividades de promoción da lectura. Os vilanoveses máis pequenos saben xa da importancia da lectura, e de lembrala nun día coma hoxe. Así, os nenos e nenas da vila de Valle Inclán pasaron a tarde facendo marcapáxinas,… Creando figuras de papiroflexia… E mesmo intercambiando libros que xa leron por outros novos. A tarde completouse cunha sesión de contacontos tal e como tamén puideron ver os nenos de Cambados.

    Aquí, na Biblioteca da Casa dos Fraga a actriz contacontos Raquel Bouzás amosoulles as máis sorprendentes Historias da maleta. Tamén no Grove puideron asistir a unha sesión de contacontos a cargo do grupo Tarabelos que puxo en escena a historia de Sabela e o paxaro máxico.

    En Sanxenxo comezaron esta semana nos centros de educación do Concello varias actividades de promoción da lectura como o contacontos con relatos como “O terror da charca “ e “Os bebedores de Tinta”; que se complementan con actividades de comprensión lectora como “inventa o teu conto” ou de debuxo.

    Amais, en Meaño, ás seis da tarde o Grupo Talia Teatro fixo unha representación no salón de actos da Casa da Cultura. Neste mesmo Concello, desde hoxe e ata o 4 de maio, as tres librerías meañesas ofrecerán unha chea de libros xuvenís e infantís con desconto tamén para asentar o hábito da lectura entre os máis novos.

    Redacción Salnés