Tourís denuncia irregularidades na organización dos axentes electorais

    touris_por_eleccions_100_200209.jpgCAMBADOS> O alcalde denuncia a desaparición dunhas PDA’s que os funcionarios teñen que empregar para codificar os datos dos colexios electorais.

    {flvjog}images/salnes/200209_touris_por_eleccions.flv{/flowplayer}

    Os axentes electorais son o persoal encargado de recadar información a pé de urna durante a xornada de votacións. Eles realizan enquisas sobre número de votantes e incidencias que se poidan producir para logo remitir estes datos á sé da Administración Autonómica. O Partido Popular de Pontevedra denunciou que o PSOE estaba a nomear como axentes electorais a cargos políticos e persoal afín ós socialistas, cando se trata dun posto que debe ser desempeñado por funcionarios. Ante esta denuncia, a Xunta viuse obrigada a dar marcha atrás e pedir ós secretarios dos concellos que nomearan eles ós axentes, o procedemento habitual. Como novidade nestas eleccións, a Xunta vai dotar ós axentes dunhas PDA’s para rexistrar a información de xeito electrónico, e para iso, impartiu uns cursos de formación, no caso de Cambados no Instituto Ramón Cabanillas. Uns datos que descoñecían no executivo cambadés.

    O problema é que as PDA’s que lle corresponderían ós 16 axentes que o domingo estarán nos colexios electorais de Cambados están desaparecidas.

    Á marxe destas irregularidades, o alcalde cambadés denunciou que a persoa que se encargará de coordinar a todos estes axentes e a información procedente dos colexios será de novo un cargo político: a número dous do PSOE de Cambados: Raquel Chaves Padín. A ela preguntoulle polas PDA’s sen obter resposta.

    José Manuel Cores Tourís engadiu que cando intentaron poñerse en contacto cos coordinadores provinciais para devolver a PDA só lles deron como referencia uns números de telefono móbil e dúas direccións, unha delas dun local situado nun edificio aínda en construción.

    Redacción Salnés